miércoles, 23 de marzo de 2011

SELECCIÓN ALEVÍN F-7: UN GOL DE JUGAN DA LA VICTORIA FRENTE A FERROL

 


SELECCIÓN OURENSE (2): Marco, Mirko, Raúl, Óscar, Adrián, Felipe e Nóvoa -equipo inicial-; Brais, Xoel, Juan, Pablo e Carlos.

SELECCIÓN FERROL (1): Kevin, Javi, Miguel Piñeiro, Nano, Andrés, Roni e Joel -equipo inicial-; Javichu, Miguel, Álex, Antón e Diego.

ÁRBITRO: Sergio Taboada (Ourense).

GOLES: 1-0, m.17: Nóvoa. 1-1, m.32: Miguel. 2-1, m.50: Juan.

INCIDENCIAS: Partido da quinta xornada do Torneo Comarcal de Selección da categoría alevín disputado no campo de Oira en Ourense.

COMENTARIO: O equipo ourensán apuntouse unha sofrida victoria diante de Ferrol nun partido que deparou un primeiro tempo con lixeiro dominio local no que os de Meiriño adiantaríanse no marcador cun tanto de Nóvoa coa testa, chegándose ao descanso con ese 1-0. Na segunda metade foi de cor visitante e ós dous minutos chegaba o tanto da igualada obra de Miguel. Chegaron os peores minutos dos ourensáns ante o acoso de Ferrol e cando parecía que os visitantes podían levarse o triunfo cun par de ocasión claras, Juan anotaba o 2-1 nunha contra que finalmente foi definitivo. Con este triunfo Ourense mantén opcións ao título co cuádruple empate na cabeza da táboa.

No hay comentarios: