viernes, 13 de mayo de 2011

IMPORTANTISIMO AVANCE PARA LA PRÓXIMA TEMPORADA.

Xogadores, técnicos, directivos e outros deben estar dados de alta na campaña 2011-2012 no Servizo de Xestión Integral Fénix da RFEF

Informámosvos da obrigatoriedade de estar rexistrados no programa FÉNIX da Federación Galega de Fútbol de todos os xogadores, técnicos, directivos, pais de menores e persoal relacionado co futbol -é obrigatorio para todo o relacionado co fútbol nacional- e no caso que nos afecta ós pertencentes á disciplina do Pabellón Ourense CF ou Pabellón Promesas. Se tedes dúbidas respecto diso porvos en contacto co club e trataremos de axudarvos en todo o posible.

Lembrar a obrigatoriedade de todo o mundo relacionado co fútbol (xogadores, técnicos, directivos, pais de menores, etc..) de afiliarse para a tempada 2011/12. Como saberán a partir da próxima tempada porase en marcha a nova plataforma deseñada pola RFEF, chamada Fénix. A Real Federación Española de Fútbol deseñou un novo sistema informático para a administración do mundo do fútbol.

Este cambio vai supor unha revolución técnica e administrativa sen precedentes, que suporá a modernización de toda a tramitación, dilixencias, inscrición e en xeral todo o traballo administrativo e competicional de todo o relacionado co fútbol. A reconversión será efectiva a partir da tempada 2011/2012 e para iso débense seguir unha serie de pasos previos para que todos os nosos afiliados e público en xeral poidan interactuar on-line coa Federación.

É requisito obrigatorio afiliarse. Este é un dos cambios máis importantes que se van a atopar. A afiliación é obrigatoria para toda persoa física relacionada co fútbol (Directivos, xogadores, árbitros, delegados, técnicos, pais, etc...)

Para realizar este proceso colgouse na Web oficial da Federación Galega de Fútbol (www.futgal.es) un link para o proceso de afiliación chamado “FENIX Xestión Integral do Fútbol Federado”.

A continuación describimos os procesos de Afiliación (Ver guía práctica):
1. Aceptar as condicións da Lei Orgánica de Protección de Datos, sen este requisito será imposible afiliarse.
2. Aceptar que entendeu as instrucións básicas de como afiliarse. Neste apartado incidimos que para os menores de idade necesitásese a autorización paterna (que se pode descargar no apartado deimpresos) así como a afiliación do pai/nai/titor. Os estranxeiros tamén terán que achegar a documentación necesaria.
3. Encher todos os datos que se lles pide e lembrarlles que teñen que ter escaneado unha foto tamaño carné (4x3 cm) e as dúas caras do DNI(400 x 243 px e peso máximo 37 KB).

Lembramos que Afiliarse é requisito imprescindible para todos para poder empezar a tempada 2011/12. Aplicación Fénix

Información cortesía de la web pabellonista www.pabelloncf.com

No hay comentarios: