viernes, 16 de abril de 2010

LA "OTRA CRÓNICA" EL PARTIDO DE COPA VISTO DESDE EL LADO ALARICANO

Copa Alevín (13.04.10) : Ourense B 7 - Allariz 5
E-Mail

“Partido de dous grandes equipos o xogado o martes pola tarde no campo de Oira entre os nosos rapaces e os do Ourense “B”. Partido típico de Copa onde se puído ver moita entrega e menos fútbol. Saímos moi durmidos e despistados encontrándonos nos dous primeiros minutos cun gol en contra. Pouco a pouco fomos collendo camiño. O partido poríase do noso lado na primeira metade cando César marcou o primeiro de falta. Logo da mellor xogada do noso equipo de todo o partido, sacando German de porta e dandolla a Sergio que habilitou a César e este a Denís que marcaría en tan só tres toques de balón, enpezamos a crer que podiamos ganarlle ao Ourense. Antes do descanso marcaríamos dous goles máis obra de Sergio e César. Pero eles acurtarían distancias marcando o 2-4 para chegar ó descanso. Na segunda metade a cousa torceuse. Saímos outra vez moi durmidos e o Ourense en 5 min. empatou o partido. Cometimos erros en exceso en defensa e algún deles moi claros. Non tivemos nin a concentración nin a intensidade para levar os tan ansiados tres puntos para Allariz. Aínda así marcou César outro gol máis en acción persoal pero eles meteron 3 goles a continuación que finiquitou o encontro cun 7-5 creo que merecido. Os nosos xogadores teñen que recapacitar do que fixeron pois son capaces de facelo mellor e xogar máis como EQUIPO e con máis gañas e intensidade. Un equipo non é grande por ter bos xogadores senon por ser un EQUIPO únido e competitivo, a vez que é necesario ter xente con calidade. Temos que ser máis xenerosos nos vindeiros encontros pois sendo un EQUIPO este ano conseguironse grandes cousas. ANIMO.”

1 comentario:

Pico dijo...

Que se jugaron dos partidos a la vez ? , porque a mi no me cuadran muchas cosas de esta cronica.